MARIO


Continuando coa visita á CASA DOS PEIXES, o reto esta vez consistía en modelar con plastilina algo relacionado coa fauna mariña.
Así pois botamos un pouco de creatividade no noso mar imaxinario e isto foi o que nos saíu:
Na aula estivemos a facer algún traballiño de mesa relacionado cos animais mariños (aproveitando que íbamos a visitar o ACUARIO).
Nesta tarefa tiñamos que decorar con grafismos un polbo e un tiburón, ademais de escribir o seu nome. Para ampliar a actividade tamén puxemos a proba as dotes artísticas facendo os nosos propios debuxos.
O venres 25 fomos de visita á CASA DOS PEIXES da Coruña.
Pasámolo xenial, pois era a nosa 1ª excursión en autobús dende que empezamos neste cole.
Deixámosvos esta reportaxe que resume todo o que estivemos a ver nesta saída: estrelas de mar, langostas, centolas, polbos, raias, douradas, robalizas...
e como non!
tamén visitamos o submarino onde poidemos ver como dous mergulladores daban de comer a diferentes peixes entre eles ao tiburón toro GASTÓN.
Xa no exterior observamos como alimentaban ás focas.
Foi unha experiencia moi EMOCIONANTE!!!!
Xa estamos a piques de rematar este 2º trimestre, así que toca ir preparando a portada para os nosos traballos...
... este ano con motivo marino.
Pasos que seguimos:
🐙 Picamos a medusa:
🐙 Pintamos a silueta da estrela de mar con punteado empregando pintura e bastonciños:
🐙 Ensartamos anacos de la na medusa simulando os tentáculos:
🐙 Poñemos "gomets" na estrela de mar:
🐙 Facemos a boca da medusa con rotulador negro:
Amosamos unhas pinceladas de creatividade dentro das nosas aulas:
- Arte
- Construcións empregando diferente material
Traballando a orientación espacial e a concentración con distintos xogos didácticos
Traballando a lóxico-matématica con etiquetas e obxectos variados
Mellorando a psicomotricidade fina e a coordinación óculo-manual con tesouras, plastilina e os xeoplanos
Continuamos co proxecto do caMiño de Santiago, nesta ocasión traballando un pouco coas letras para aprender a identificar e escribir algunhas partes do noso traxe de pereginos, ao mesmo tempo que melloramos a nosa psicomotricidade fina.
A tarefa consistía en recortar ou picar as etiquetas das palabras que queremos recoñecer.
Intentamos escribilas no lugar correspondente atendendo aos sons que escoitamos...
... para logo pegar a etiqueta no lugar correspondente.
Hoxe para conmemorar o DÍA DA MULLER estivemos a reflexionar sobre "ROSA CARAMELO" de Adela Turín, un conto catalogado na igualdade de xénero e na educación emocional.
A historia trata dunha manda de elefantes onde todas as femias son de cor rosa agás a protagonista Margarida, unha elefanta que acabará descubrindo o camiño da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.
Deixamos a versión de youtube narrada por Beatriz Montero:
Posteriormente, decoramos unhas pulseiras onde as elefantas eran da cor que elexiu cada quen...
--- Traballando:
--- Listas para levar para a casa:
Remata o ENTROIDO
e nas aulas de 4 anos
despedímolo este venres día 4 de marzo
cun disfrace libre.
Este día, cada quen podía vir vestido
co seu disfrace favorito
e despois de facer o noso pase de modelos...
toca posar para a foto: :
Que guap@s!!!