O venres 25 fomos de visita á CASA DOS PEIXES da Coruña.
Pasámolo xenial, pois era a nosa 1ª excursión en autobús dende que empezamos neste cole.
Deixámosvos esta reportaxe que resume todo o que estivemos a ver nesta saída: estrelas de mar, langostas, centolas, polbos, raias, douradas, robalizas...
e como non!
tamén visitamos o submarino onde poidemos ver como dous mergulladores daban de comer a diferentes peixes entre eles ao tiburón toro GASTÓN.
Xa no exterior observamos como alimentaban ás focas.

Foi unha experiencia moi EMOCIONANTE!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario