martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe para conmemorar o DÍA DA MULLER estivemos a reflexionar sobre "ROSA CARAMELO" de Adela Turín, un conto  catalogado na igualdade de xénero e na educación emocional. 

A historia trata dunha manda de elefantes onde todas as femias son de cor rosa agás a protagonista Margarida, unha elefanta que acabará descubrindo o camiño da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. 

Deixamos a versión de youtube narrada por Beatriz Montero:


Posteriormente, decoramos unhas pulseiras onde as elefantas eran da cor que elexiu cada quen...

--- Traballando:


--- Listas para levar para a casa:


No hay comentarios:

Publicar un comentario