Na aula estivemos a facer algún traballiño de mesa relacionado cos animais mariños (aproveitando que íbamos a visitar o ACUARIO).
Nesta tarefa tiñamos que decorar con grafismos un polbo e un tiburón, ademais de escribir o seu nome. Para ampliar a actividade tamén puxemos a proba as dotes artísticas facendo os nosos propios debuxos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario