Para rematar o proxecto de "ASIA" que nos ocupou durante estes 2 últimos trimestres, lembramos algunha manualidade que xa fixemos nalgunhas das aulas, pero esta vez, farémola na casa e con outro tipo de materiais.
As propostas son:
- Un "PAI-PAI":
Precisamos:
Pratos de cartón, depresor ou pau, pintura de diferentes cores e calquer outro material co que queiramos decorar o noso "PAI-PAI".
- Dragón chino:
Facemos un dragón seguindo a serie: 4 círculos vermellos, 3 azuis e 2 amarelos. Para completar a actividade contaremos cantos círculos hai en total, ordenamos de maior a menor, podemos utilizar diferentes tamaños e clasificalos...
Outro dragón poderíamolo facer con vasos de iogur, empregando distintas formas e cores. Decoramos e creámolo ao noso gusto.
Só nos queda dicir:
IMAXINACIÓN AO PODER!!!