A iniciativa que vos achegamos hoxe é un pouco de lóxico-matemáticas.
Para os máis pequenos:
- Seguindo o modelo que vos propoñemos, a parte de reciclar cartón, pintamos, facemos os trazos, series, traballamos a psicomotricidade fina ao coser seguindo a direccionalidade correcta, asociamos número-cantidade...
- Outra idea para relacionar número-cantidade:
Para os máis maiores:
- Toca facer sumas...
Amosamos algunhas ideas para que nos resulte divertido sumar.
Tamén podemos facer tiradas de dados e sumar, co dominó podemos coller unha ficha e sumar os puntos...
Pero... que vos parecería que existise unha máquina que vos axudase a facer todas as sumas que
quixésedes? Soa moi interesante, non si? Precisamente iso é o que vos animamos a construír
hoxe!
A MÁQUINA DAS SUMAS
Só precisaredes un par de rolos de papel hixiénico e algunha caixa de cartón que teñades
pola casa. Para realizar a montaxe, podedes inspirarvos no exemplo que prefirades das fotos que
veredes de seguido. Cando xa a teñades, metede pola parte superior dos rolos os elementos
que desexedes sumar. Ao rematar, que cantidade vos atopades na caixa?
- Cos resultados que nos de na suma podemos resolver o anterior e posterior,
por exemplo: 3+2=5
5: anterior 4 e posterior 6.
Se o facemos como nos indica o modelo que amosamos na parte inferior, ademáis estaremos traballando a pinza dixital e a presión, habilidades imprescindibles a traballar na motricidade fina para a adquisición da escritura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario