viernes, 12 de junio de 2020

Peixes, cunchas e demáis...

CONECTANDO COA NATUREZA
 Agora que xa podemos saír ao exterior, seguro que tivestes a ocasión de apreciar o bater das ás dalgunha bolboreta mentres camiñabades pola rúa, o movemento veloz dun peixe na praia...
Gustaríavos recrear toda esa beleza? 
Aí van unhas cantas ideas para facelo!
Para realizar unha bolboreta, comezamos debuxándoa. A continuación, recortámola, de xeito que só nos quede a súa silueta. Pegámoslle un soporte por debaixo.

 Logo, botamos man de anacos de papel de cores ou de recortes de periódico e pegámolos con delicadeza. Non tardaremos en obter unha bolboreta do máis colorida!
















Para elaborar un peixe, precisaremos os materiais que vemos nas imaxes. Para comezar, elabormos a cabeza e a cola. Pasamos un fío pola parte central das estruturas cilíndricas, suxeitándoo polos extremos con celo.




















 Por último, decorámolo todo ao noso gusto. Aquí deixámosvos algunhas fontes de inspiración.




















Aproveitando as visitas á praia, invitámosvos a recopilar cunchas e logo na casa facer diferentes creacións con elas. Aí van algunhas ideas para que votedes a voar a imaxinación e que a partir delas, fagades as vosas obras.

- Podemos facer de novo as dúas propostas anteriores con este material.













- Ou polo contrario, outros animales...





















Vós decidides o que queredes facer.
Estamos desexando ver as vosas producións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario