martes, 9 de junio de 2020

Un conto para hoxe...

"A casa da Mosca Chosca"


ACTIVIDADES:
Cal vos apetece facer destas propostas?

- Conversamos coa familia respostando a preguntas como: 
Cal é o título do conto?, por que a mosca quixo construir a casa?, onde estaba situada a casa?...
- Inventamos outro final para o conto engadindo os personaxes que nos gustaría que aparecesen na festa e que sexan en total dez na mesa. 
Temos que pensar o nome do animal e buscarlle o apodo, despois dramatizar a conversa coa mosca.
- Debuxamos á protagonista, coloreamos, decoramos a contorna onde vive...
Tamén podemos construir a casa da Mosca Chosca 
como a imaxinas?...
pode ser con plastilina, con material de refugallo (tapóns, caixas…), pezas de construción etc.
- Escribimos os ordinais ata o 9º (noveno), e... se quixeramos que fosen 10, cantos faltarían?, escribimos os números do 1 ao 10 e logo a conta atrás do 10 ao 1.
Averiguamos todos os “amigos” que poidamos do número 10. Axudarémonos con obxectos que temos na casa: pinzas da roupa, tapóns, depresores, pallliñas… collemos 10 e poñémolos nun montón, despois repartímolos en dous montóns e contamos os que hai en cada un, esos dous números son amigos do 10. 
Por exemplo o 6 co 4 son amigos do 10.
- Escribimos o nome da protagonista e dos invitados pola orden que van chegando.
1º  ESCARABELLO
  ________________
3º  ________________
Completa o encrucillado co nome dos personaxes do conto: 
MOSCA-ESCARABELLO-SAPO-MOUCHA-RAPOSA-OSO-LOBICÁN.
- Fíxate ben e atopa as 8 diferencias:
Busca na sopa de letras os apodos dos personaxes: 
REPOUCHA-REBELLO-CHISTOS-ACASTRAPO-CHAIREGO-PILLABÁN-LARPEIRO-CHOSCA.

---PARA OS MÁIS PEQUENOS: 
Tacha con X os cadrados da letra U. 
Rodea con un círculo a letra I . 
Colorea de amarelo os cadrados da letra A. 
Colorea de rosa os cadrados da letra E. 
Colorea de verde claro os cadrados da letra O.
Decora esta gran torta de moras con pincel. Para pintala podes experimentar mezclando cores: 
  • Un pouquiño vermello con moito branco para conseguir o rosa. 
  • Azul e vermello para o morado das moras. 
  • O prato pode ser verde, mezclando un pouquiño azul con moito amárelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario