lunes, 15 de junio de 2020

Sudokus

Continuando co proxecto de Asia hoxe propoñemos... SUDOKUS
O sudoku é un xogo matemático xaponés que nos últimos tempos convertiuse nun dos pasatempos máis populares.
O xogo consiste en encher unha cuadrícula de 9x9 celas divididas en subcuadrículas de 3x3 coas cifras do 1 ao 9 partindo dalgúns números colocados xa nalgunhas celas.
Para introducirnos no mundo do sudoku, partimos de xogos máis sinxelos (de 4x4 e 6x6).
Con este pasatempo traballamos conceptos matemáticos básicos, estimulamos a memoria e aprendemos a concentrarnos. Esta resulta unha actividade, moi completa á vez que un reto divertido. 
Debemos empezar por sudokus sinxelos para ir aumentando a dificultade unha vez que interioricemos a estratexia e as nosas habilidades progresen.
Deixámosvos varios modelos para escoller o que mellor se adapta ao nivel de cada quen...
Seredes capaces de resolvelos?

OPCIÓN 1:
- Elaboramos o noso SUDOKU caseiro con material de refugallo, necesitamos: cartón para facer un taboeiro de 3x3 e uns tapóns que teñamos pola casa.(Este é de números pero podemos facelo con cores, formas, animais, letras...).


OPCIÓN 2:
Resolvemos SUDOKUS sobre papel.

- De cores:
- Máis números:
(Para este achegamos a solución)
- Para traballar as sumas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario