Esta actividade é para nota
...pero para os papás e as mamás,
(ou para un voluntari@ "manitas" da familia),
(ou para un voluntari@ "manitas" da familia),
logo aos nen@s tocarálles desfrutar con ela.
Dito isto, como colofón queremos propoñer...
Como elaborar unha MESA DE LUZ caseira!!!
Familias, despois de todo o tempo que levades traballando cos vosos fillos, xa
sodes todos uns profesionais elaborando materiais educativos. Hoxe a
proposta vai máis alá. Trátase de que elaboredes unha Mesa de Luz de baixo
coste.
A Mesa de Luz é un instrumento de xogo basado na luz. Precísase unha superficie plana resistente para apoiarse enriba e xogar, de cor branco traslúcida, e que por debaixo ten uns puntos de luz que fai que se ilumine e se poida xogar enriba con obxectos transparentes, de cores, apilables....
Isto permítelles ver os efectos da luz e as súas sombras, superpoñer obxectos de diferentes cores e obter unha cor resultante, ver a diferencia entre superficies opacas, traslúcidas e transparentes e moito máis.
Hai moitas posibilidades para facelas, aquí mostramos ésta...
Materiais que precisamos:

atrevédesvos?
- Unha bandexa grande traslúcida, de tamaño polo menos A3 e de material resistente (que non se dobre se os apoiamos encima).
- Unha tira de luz led (co seu transformador), que podedes encontrala en calquera tenda de bricolaxe ou nun bazar.
- Unha broca de taladro un pouco máis grande que o tamaño do conector do transformador.
- Cinta adhesiva.
1º- Comprobar que pase a luz pola bandexa sen problemas poñéndoa diante
de calquera luz da tenda.
2º- Poñer a tira de led suxeita na parte interior da bandexa con cinta adhesiva
e así probar en que posición se ilumina mellor ao darlle a volta, é dicir,
buscar unha posición da tira de leds que dea unha iluminación uniforme a toda a base da bandexa.
3º- Situar o oco por onde pasará o cable de luz para conectar o transformador.
Usaremos a broca para facer un burato suficientemente grande para pasar o
conector do transformador á tira de led.
4º- Conectar o transformador á tira de led e así situar correctamente o
conector dentro da bandexa.
5º Fixar a tira de led ás paredes da bandexa, mediante o adhesivo que leva a propia
tira de led, indo pouco a pouco para mantela alineada e firme á parede. Se vos sobra a
tira led podedes cortar cando xa deades a volta a todas as paredes da bandexa.
Con todo isto montado, xa temos lista...
a nosa bandexa de luz!!!
Aquí tedes o resultado:
Unha vez rematada os peques poden colocar obxectos diferentes enriba, xogando coas cores e as súas sombras.
Poden usar boliñas de abalorios
traslúcidas de cores, cubertos de plástico transparente, tapas transparentes de
biberóns variadas…
Calquera cousa que permita pasar a luz pode ser
interesante para xogar nesta bandexa.
Aquí tedes máis posibilidades de mesas de luz caseiras:
No hay comentarios:
Publicar un comentario