viernes, 5 de junio de 2020

Día do Medio Ambiente


Hoxe 5 de xuño 
celébrase o
DÍA DO MEDIO AMBIENTE...



polo que un dos valores que debemos transmitir sempre (e especialmente hoxe) aos máis pequen@s é, que coidar a natureza é coidar o noso futuro e mellorar o noso presente.

Actividades propostas para hoxe:
- PAPEL RECICLADO CON SEMENTES E PÉTALOS 
Tedes papel na vosa casa que xa non usades? Estades pensando en tiralo? Non o fagades! Vainos ser útil para esta actividade e, deste xeito, estaremos promovendo a educación ambiental e o desenvolvemento sostible!
O paso previo é cortar o papel en anacos, humedecelo e trituralo ata obter unha pasta. Neste proceso, manexaremos magnitudes físicas (ex.: un chisco de, un anaco de, etc). Tamén podemos engadir unhas gotas de colorante.


Unha vez conseguida a pasta, debemos estendela e eliminar toda a auga que poidamos. Para este fin, podemos fabricar unha peneira caseira, como a da imaxe, feita cuns paos de manualidades e un anaco de tea con buracos pequenos. 




Aproveitando os recursos que nos proporciona a natureza primaveral, poñerémoslle por riba sementes, pétalos de flores... Isto terá un fin exclusivamente decorativo, de modo que non vos preocupedes se non dispoñedes destes elementos!


Máis adiante, colocaremos a peneira nunha toalla e apertaremos cunha esponxa para eliminar a auga que aínda quede. Cando xa o teñamos listo, despegaremos o cadrado de papel e deixarémolo nunha zona na que lle dea o sol para secalo. Se vedes que se curva, poñédeo ao cabo dunhas horas entre un par de libros e quedará perfecto!














Para rematar, recortaremos o papel con formas diferentes. De forma opcional, podemos engadirlle unha cinta ou un anaco de corda. Os seus usos posteriores son do máis variados! Dende etiquetas para regalos ata tarxetas. Está nas vosas mans!

Outras opcións:
- Vídeo: "Pocoyo y la aventura de cuidar el medio ambiente"

- Labrar un pequeno xardín caseiro, facer esgallo e plantar sementes, observaremos o proceso que segue a planta e investigamos como vai medrando.

- Podemos fabricar xogos tradicionais con material de refugallo (birlo, tómbola de latas, zancos, argolas...)







No hay comentarios:

Publicar un comentario