Nesta ocasión a nosa proposta é:
"O monstro de cores"
As actividades que podemos levar a cabo con este conto son infinitas, deixámosvos unha ampla oferta de ideas interesantes, para que escollades as que máis vos apetezan.
- EMOCIÓMETRO:
1. Debuxamos o monstro nunha cartolina de cada cor según a emoción, dependendo da idade poden facelo o nen@ ou un adulto.
2. Escribimos o nome da emoción na cartolina.
3. Enganchamos as cartolinas unha noutra, creando un mural con cada emoción.
4. Buscamos pinzas diferentes (un identificador de cada nen@/adulto).
5- Colocamos a pinza no monstro correspondente según o estado de ánimo.
6- Periodicamente expresareos o por que do noso estado.
- XOGO DA RULETA:
Facemos unha ruleta con materiais que teñamos pola casa e na que aparezca un monstro de cada cor e panos das cores que aparecen no conto. O xogo consiste en en facer xirar a ruleta e según o monstro que saia poñemos un pano ou outro, ademais de escenificar a emoción.
Facemos unha ruleta con materiais que teñamos pola casa e na que aparezca un monstro de cada cor e panos das cores que aparecen no conto. O xogo consiste en en facer xirar a ruleta e según o monstro que saia poñemos un pano ou outro, ademais de escenificar a emoción.
- BOTES DAS EMOCIÓNS:
Construimos cada bote con auga e anacos de papel, rotuladores... (calquer material que nos sirva para tinguir a auga), podemos engadir purpurina...
Con esta actividade cando estamos enchendo os botes coa auga tamén estamos realizando trasvases.
- ENSARTADO:
Nesta ocasión facemos a silueta do monstro en cartón e recortamos. Polos bordes facemos uns buratos. Do que se trata é de ir pasando la polos buratos cunha agulla de plástico, tamén nos pode valer un bastón hixiénico.
- COLOREAR os diferentes monstros.
- PARCHÍS:
Neste ligazón podedes descargar varios modelos:
- ESPUMA DE CORES:
Botamos un pouco de escuma de afeitar, tocámola cos dedos, facemos círculos, frotamos as mans... Posteriormente engadimos pintura das cores representativas das emocións e así formamos a "maraña das emocións" mesturando alegría con enfado, medo, calma...
A autora do conto ten unha páxina onde temos plantillas para descargar gratuitamente.
Preme sobre o ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario